domingo, 7 de diciembre de 2014

A vida é todo iso que che vai sucedendo mentres ti te empeñas en facer outros plans.

Cantas veces nos empeñamos en buscar a felicidade? cantas outras nos obsesionamos coa búsqueda de alguien especial? as persoas somos tan ilusas que nos creemos que temos o poder para facer que as cousas pasen no momento que deseamos sin decatarnos de que iso non é así.
Ninguén pode pretender encontrar un "principe" sin máis, as persoas non veñen da nada, simplemente están ahí, empeñadas en facer as súas vidas, en estudar unha carreira, encontrar un traballo, saír de festa, formar unha familia, e en iso se nos vai a vida, en tratar de construir algo ao que aspiramos, pero, agora eu pregunto: e si nos paramos tan só un segundo a mirar máis alá? si, máis cerca, máis detidamente, cada mínimo detalle, unha mirada perdida en calquer semáforo en rojo, un xesto de cariño, unha sonrrisa, un café con crema un domingo as 7 da tarde, un amor, un paseo en bici, unha carta olvidada dunha amiga que apenas recordabas xa, unha primeira cita, unha despedida, as navidades en familia, recordos, bágoas, persoas que chegan, persoas que xa non están.
As veces si deixasemos de planear todo, si deixasemos de intentar forzar que algo pase, decataríamonos de que todo sucede cando ten que suceder e de que, as cousas boas, levan o seu tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario