miércoles, 20 de febrero de 2013

O mundo que me rodea.

Unha profesora do centro C.P.I dos Dices e os seus ex-alumnos esixen ser recoñecidos como asociación e ter un lugar onde poder ensaiar e poder levar acabo os seus proxectos.
Eu vivo en Rois, e durante 9 anos estiven estudando no C.P.I dos Dices, colexio no cal aprendin todo o que ahora sei, e no que me ensinaron o máis importante e non me refiro só aos temas profesionais, se non que me ensinaron a ser persoa, e iso é o minimo que calquera ser humano deberia aprender a ser.
O interesante é que neste centro duarnte os dous últimos anos, hai moitas boas noticias, duas das súas alumnas gañaron o premio youtube spacelab e viaxaron a New Yorck , entre outros lugares, outra 
ex-alumna e ex-compañeira miña, conseguiu unha beca para estudar en Estados Unidos , e en este mesmo instante esta ali coa familia que a acolleu, unha noticia ainda mellor é que DÚAS das alumnas de este ano, conseguiron a mesma beca, e para o ano correrán coa mesma sorte que ela.
Pero do que verdadeiramente quero falar en este artículo, é da profesora de música : Loly Santos, e do seu digamos "grupo" de alumnos (eu incluida) , que queren conseguir crear unha asociación, na cal poder facer todos eses bailes , obras de teatro, e incluso músicais, de feito o ano pasado fixemos o musical de Romeo e Xulieta, que despois de horas e horas de ensaio, e de equivocacións tras equivocacións, pois logramos que quedase bastante ben : 

 O que ahora queremos e poder seguir facendo todo isto que ata agora considerabamos obligatorio (algunhas cousas) para aprobar música pero que pasou a ser unha forma de divertirnos, o que necesitamos é máis tempo  e horas dispoñibles no multiusos para poder preparárnos mellor. 
Pero non só é iso, tamén participamos durante anos no consurso dos maios, en Marin, no cal como mínimo, dos 5 premios gañamos sempre 2, e de iso non pode presumir calquera centro.
Agardamos ter sorte, e dentro dun tempo poder dicir orgullosos que conseguimos o que queriamos.

3 comentarios: