viernes, 30 de agosto de 2013

Esencia.

A veces, as persoas cambian co paso do tempo, dos días, dos anos.
Fai nada eras unha rapaciña que xogaba a ser unha "Chica maior" e ahora que xa o eres desexarias volver o tempo atrás, para cambiar mil cousas e a vez ningunha.
Nunca vos parastedes a pensar cousas absurdas como por que a terrra é redonda e non cadrada? ou se haberá vida noutro planeta? ou simplemente o por que das cousas, dos sentimentos, do amor.
Si, ahí queria chegar eu.
 Cando tiña 5 anos dabanme asco os "chicos" e cando vía a dous mozos bicarse dicía que a min nunca me iba a gustar facer esas cousas.
Agora o que me da asco e a puta distancia que non me deixa facer eso que supostamente "nunca me gustaría".

-"A esencia da vida está nas pequenas cousas"- 


Seguro que todos nós oimos esta frase máis de unha vez.
Oxe pareime a pensar en ela e en que é para min esa " esencia da vida" e cheguei a unha conclusión bastante sinxela :
Todo.
Si, todo é a esencia, 
Todo, 
Unha  gota de auga que cae sobre o chan en pleno mes de Agosto,
Unha comida coa familia, 
Unha sonrrisa tímida que se asoma cando a miras,
Unhas boas Navidades,
Unha caricia,
Unha canción que che trae bos recordos e che fai traspasar a liña do tempo ata chegar ao momento exacto no que desexarías quedarte,
Unha despedida,
Un olor que che recorda a aquel día no que cenastes coa túa mellor amiga en aquel bar no que a comida non estaba de todo ben,
Un abrazo,
Un día de calor insoportable no que só queres pasarte a tarde enteira metida na auga da praia ou piscina,
Unha lágrima que cae e a leva o vento,
Unha carta de amor arrugada de ser leida tantas e tantas veces,
Un :" Ata logo ",  un "Vemonos pronto"
Un amor,
Unha historia,

Eso, as pequenas cousas, e dicindo esto estou dandolle a razón a novena linea deste artículo.

Quizais o truco de este xogo chamado "vida" esté en mirar máis alá do que se ve a simple vista, mirar máis cerca, tanto que te deas conta de ese pequeno lunar que ten no lado dereito da espalda, da última palabra que di antes de irse a dormir, de como cae a primeira folla do outono, de como se curvan os seus labios cando sonrie, de como aprendes pouco a pouco a "madurar"
 E é ahí cando miras todos esos detalles que parecen insignificantes e te das conta  de como as pequenas cousas son en realidade, as que nos fan ser grandes.