jueves, 28 de febrero de 2013

Confianza.



f. Esperanza firme o seguridad que se tiene en que una persona va a actuar o una cosa va a funcionar como se desea.

  en: confianza en un amigo, en el coche.
Seguridad en uno mismo o en las propias cualidades

Confiar, ter fé en algo ou en alguien. E fácil? E sinxelo darlle a túa confianza, a unha persoa? 
As veces, a xente é demasiado "confiada", outras pola contra quizáis sexa demasiado reservada.
A clave estaría en manterse nun punto medio, pero iso non é o que se dí doado.
Algunhas persoas son desconfiadas pola súa forma de ser, outras por cousas que lle sucederon e lles fixeron poñerse unha especie de "coraza", o que lles fai non fiarse tan facilmente dos demáis por medo a que lles fallen.

miércoles, 27 de febrero de 2013

Erros.

 1. No acertar, fallar, equivocarse:
el adivino erró sus pronósticos.
2 . intr. Andar vagando de una parte a otra sin rumbo ni destino:
erraba por las calles sin saber dónde iba a pasar la noche.

3. Dejar vagar el pensamiento, la imaginación o la atención:
erraba entre sus fantasías.


Erros, algúns deles irrvocables.

"Todos somos humanos por iso cometemos equivocacións" , esta é algunha das miles de disculpas que as persoas poñemos para xustificar un erro, pero en realidade o que deberiamos facer non é xustificalo se non intentar remedialo, ainda que claro, as veces, xa non hai volta atrás.

Podemos evitar errar? a filosofía fainos ver que si, xa que utilizando a razón todo deberia ir ben, pero de verdade podemos non comenter fallos ? non o creo, e apostaría a que todos nos  en algún determinado momento das nosas vidas fixemos algo do que nos arrepentimos, unha equivocación, un erro, e  ainda que seguramente desexariamos que non houbesen sucedido, tamén nos serve para aprender de eles  (a maioria das veces), non? si, xa sei, que moitas persoas baten unha e outra vez coa mesma pedra, pero ao final, acabamos comprendendo que ese camiño non nos combén, polo tanto se somos algo intelixentes deberiamos deixalo, e escoller outro .


miércoles, 20 de febrero de 2013

O mundo que me rodea.

Unha profesora do centro C.P.I dos Dices e os seus ex-alumnos esixen ser recoñecidos como asociación e ter un lugar onde poder ensaiar e poder levar acabo os seus proxectos.
Eu vivo en Rois, e durante 9 anos estiven estudando no C.P.I dos Dices, colexio no cal aprendin todo o que ahora sei, e no que me ensinaron o máis importante e non me refiro só aos temas profesionais, se non que me ensinaron a ser persoa, e iso é o minimo que calquera ser humano deberia aprender a ser.
O interesante é que neste centro duarnte os dous últimos anos, hai moitas boas noticias, duas das súas alumnas gañaron o premio youtube spacelab e viaxaron a New Yorck , entre outros lugares, outra 
ex-alumna e ex-compañeira miña, conseguiu unha beca para estudar en Estados Unidos , e en este mesmo instante esta ali coa familia que a acolleu, unha noticia ainda mellor é que DÚAS das alumnas de este ano, conseguiron a mesma beca, e para o ano correrán coa mesma sorte que ela.
Pero do que verdadeiramente quero falar en este artículo, é da profesora de música : Loly Santos, e do seu digamos "grupo" de alumnos (eu incluida) , que queren conseguir crear unha asociación, na cal poder facer todos eses bailes , obras de teatro, e incluso músicais, de feito o ano pasado fixemos o musical de Romeo e Xulieta, que despois de horas e horas de ensaio, e de equivocacións tras equivocacións, pois logramos que quedase bastante ben : 

 O que ahora queremos e poder seguir facendo todo isto que ata agora considerabamos obligatorio (algunhas cousas) para aprobar música pero que pasou a ser unha forma de divertirnos, o que necesitamos é máis tempo  e horas dispoñibles no multiusos para poder preparárnos mellor. 
Pero non só é iso, tamén participamos durante anos no consurso dos maios, en Marin, no cal como mínimo, dos 5 premios gañamos sempre 2, e de iso non pode presumir calquera centro.
Agardamos ter sorte, e dentro dun tempo poder dicir orgullosos que conseguimos o que queriamos.

martes, 19 de febrero de 2013

Decisións.


1.      f. Resolución o determinación acerca de algo dudoso:
la decisión del árbitro era irrevocable.
2 .   Firmeza de carácter:
             su decisión es tal que nada le parece un contratiempo

Decisións, algunhas delas marcan as nosas vidas.
Sempre nos din que antes de tomar unha pensemos as cousas dúas veces, pero en realidade o facemos? estou por asegurar que 9 de cada 10 persoas máis de 5 veces fixeron cousas sen antes pensalas ou plantearse as consecuencias que as súas decisións podian supoñer, pero iso non é algo cuestionable xa que eu mesma admito que o fixen mai de unha vez, penso que é algo asi como un acto reflexo, mesmo cando nos preguntan algo, respondemos sen nin sequera pensar o que en realidade nos preguntaron ou o que nos contestamos.
O noso día a día esta marcado por continuas decisións, por exemplo ao vestirnos : Poño esta camiseta ou aquela ? , cando decidimos que comer, onde sentarnos,que facer no recreo etc, son decisións constantes que facemos sen darnos nin conta.
Pero a parte de todas esas, digamos que están as que che afectaran toda a vida, e no teu futuro, como por exemplo que carreira estudar, ou mellor dito antes de eso: estudiar? , esa como moitas outras son as chamadas "decisións importantes", e é ahí onde debes pararte a pensar ben as cousas, como dicia ao principio xa que un erro podería sair moi caro, pero en fin, eu non son quen de decir nada só é un simple consello dunha rapaza inexperta a que lle falta moito por aprender da vida.

Atentamente unha rapaza de dezaseis anos.

lunes, 18 de febrero de 2013

Presentacións.

  1. f. Manifestación,exposición,proposición:
    la presentación de la novela fue un éxito.
  2. Aspecto exterior de algo,manera de presentarse:
    la presentación del plato era magnífica. 
Nunca me gustou eso de "presentarme" porque si, todo eso de decir "Hola chámome Tania, vivo en Rois e as miñas aficcións son.. bla,bla,bla " , pois todo esto está moi ben, pero en realidade nunca ou moi poucas veces aportas toda a información básica para en principio coñecer como é unha persoa, si xa sei que só é unha especie de "introducción" ,digamos que por exemplo como os trailers das peliculas.
Eu son unha de esas persoas as que lle gusta analizar cada mínimo detalle, e doulle as voltas que sexan necesarias as cousas para aclarar as ideas, son asi porque penso que na vida, como nunha investigación policial, fai falla saber exactamente como sudeceron as cousas para despois analizar e decidir como debemos actuar, sobre todo cando se trata de decisións importantes.
A min non me gustan pero teño que admitir que por un lado serven para saber se esa persoa pode interesarnos ou non, se podemos ter cousas en común ou polo contrario nin a máis minima cousa.
Ben, levo desde o principio dicindo que non me gustan e en realidade non expliquei o porque, pois é sencillamente porque nunca me gustou iso de poñerlle "eqtiquetas" as cousas, nin o de xuzgar un libro pola súa portada.
 Esta é unha opinión completamente indiferente para o resto do mundo, pero por sorte estamos nun  pais democrático e ata o de agora permitennos expresarnos con liberdade, por iso en este blog vou dicir o que penso en cada momento e sobre cada palabra.

Atentamente, unha rapaza de dezaseis anos.